Nuevo artículo en veredes.
Hipocondríaco, afectado de síndrome de asperger, maniático obsesivo-compulsivo do traballo, perfeccionista do son e do silencio? As excentricidades de Glenn Gould contribuíron a popularizar as obras para teclado de J. S. Bach tanto como o seu talento e personalidade. Entre as súas excentricidades, por suposto, atópase a súa cadeira.
A proximidade coa que o pianista canadense situábase sobre o teclado requiría unha banqueta especial. De feito, rexeitou todas e cada unha das que lle foron ofrecidas ao longo da súa carreira como intérprete. No seu lugar empregou obstinadamente unha cadeira remendada.
A forma da cadeira é resultado de 21 anos de uso ininterrompido así como das modificacións pacientemente realizadas por Bert Gould, pai do artista. Cortáronse as patas e eliminouse o tapizado do asento. Incluíuse un primitivo mecanismo para permitir controlar a inclinación da cadeira á vez que se atirantaba por baixo para reforzala.
Paradoxalmente esta construción anónima e descoidada converteuse en parte do mito musical e hoxe é unha icona posmoderno. Exposta nunha urna de metacrilato na National Library de Canadá, ata hai pouco era posible comprar na internet unha réplica (imaxe inferior) polo módico prezo de… 990 euros.
Elías Cueto, arquitecto
Santiago de Compostela, outubro 2010
Publicado en Nº 313 [sillas…]