Nuevo artículo en veredes.
É posible cultivar unha cadeira en lugar de fabricala, desmontando o paradigma da elaboración industrial?
A esta pregunta vai dar resposta Werner Aisslinger na feira deseño Ventura Lambratte de Milán, como parte dun proxecto colectivo denominado Instant Stories. O diseñador alemán, que xa traballou noutros proxectos experimentais como a Hemp Chair -unha cadeira moldeada nunha peza a base de fibras de cañamo prensado – presenta Chair Farm, que consiste en cultivar unha cadeira dentro dun invernadero.
Para iso, ademais de proporcionar as condicións idóneas de temperatura, humidade e luz artificial, válese dunha estrutura de aceiro que serve de guía para o crecemento e desenvolvemento das plantas e que será retirada unha vez alcanzada a consistencia necesaria.
Así de sinxelo, quen se atreve a probala?
Xosé Suárez, arquitecto
Santiago de Compostela, setembro 2012
P.S. Outro proxecto moi intesesante sobre o uso da biología aplicado ao deseño -neste caso gráfico- é Symbiosis de Jelte van Abbema, onde cultiva bacterias en caixas de Petri ou marquesinas de autobús, para a creación de tipografías vivas.
Published in Nº 313